Regras da Comunidade e Consellos de Seguridade

Estas normas e mailos Termos e condicións foron creados para garantir que todo mundo poida gozar de Hot or Not de maneira segura e responsábel.

Que se pode facer en Hot or Not

Sube só fotos e vídeos teus

Tomamos os dereitos de copia e reprodución moi en serio, así que se non tes os dereitos dunha foto ou dun vídeo, non os publiques xa que isto supón unha infracción das normas e a túa conta de Hot or Not pode ser bloqueada.

Respecta aos demais

Somos unha comunidade moi diversa. Polo tanto, ao usares Hot or Not debes respectar as crenzas, os intereses e o material dos demais en todo momento.

Envía mensaxes orixinais

En troques de copiares, pegares e enviáreslle a mesma mensaxe a todo o mundo que che goste, le os seus perfís, descubre os seus intereses e envíalles unha mensaxe apropiada. "Vaia! Vexo que che gosta o surf" é sempre mellor ca "Ei, sexy!", por exemplo.

Sigue as nosas normas en todo momento

Non nos gosta ter que estar recordándolles aos nosos usuarios que estas normas son obligatorias, e bloquear xente por incumprilas aínda nos gosta menos, así que respéctaas en todo momento e pasao ben en Hot or Not!

Comparte a túa vida con todo o mundo

Hot or Not permíteche contarlles aos demais cousas sobre ti e mailo teu traballo. Aproveita e lánzate!

Divírtete

Ante todo goza de Hot or Not. Podes facer amizades e coñecer xente en persoa ou simplemente parolar con xente nova, pero fagas o que fagas, divírtete!

Que non se pode facer en Hot or Not

Non insultes nin intimides a outros usuarios

Compórtate da mesma maneira en Hot or Not ca na vida real. Ten educación e respecta á xente que coñeces en liña como a respectarías se estivésedes cara a cara.

Non te fagas pasar por outra persoa

Seguramente chegues a quedar con xente que coñezas en Hot or Not. Por iso che pedimos que uses o teu nome real, que subas fotos túas e que deas información sobre ti no teu perfil. Non finxas ser quen non es e non crees perfís para parellas ou grupos.

Non fagas públicos os teus datos de contacto.

Por favor, non publiques nin no teu perfil nin nos comentarios o teu apelido, número de móbil, enderezo, correo electrónico, lugar de traballo ou calquera outra información que poida identificarte. Se detectamos estes datos, eliminarémolos.

Non subas material pornográfico ou obsceno

Hai sitios nos que podes subir fotos e vídeos de carácter chocante e pornográfico, pero este non é un deles, así que non o fagas baixo ningún concepto. Isto non quere dicir que non podes ter unha actitude seductora nas túas fotos, pero asegúrate de non cruzares a liña.

Non fagas nada ilícito no noso sitio web

En Hot or Not non toleramos ningún tipo de actividade ilícita, así que de seres responsable dalgunha actividade deste tipo, bloquearemos o teu perfil e pode que informemos ás autoridades.

Non lles mandes correo nin mensaxes lixo ao resto de usuarios

Non trates de vender produtos, sitios web ou a ti mesmo/a en Hot or Not, porque bloquearemos o teu perfil de maneira inmediata.

Non publiques fotos dos teus fillos

Non está prohibido dicirlles a outros usuarios que tes fillos no teu perfil ou no chat. Con todo, en Hot or Not non está permitido publicar fotos de cativos, mesmo se ti tamén apareces na foto.

Consellos de seguridade

Utiiliza o sentido común ao usar Hot or Not e quedar con alguén na vida real. Ten en conta o seguinte en todo momento:

  1. Unha persoa capaz de cometer un delito de roubo de identidade tamén pode falsificar un perfil nunha aplicación.
  2. Ten moito coidado cando parolas cun descoñecido que quere quedar contigo.
  3. Por razóns de seguridade está prohibido publicar información de carácter persoal no perfil. Ademais, se alguén te forza para que compartas datos persoais ou financieiros ou tenta que lle deas información dese tipo, bloquéao de inmediato.
  4. Se quedas con alguén en persoa, asegúrate de dicirlle a algún amigo ou parente onde quedaches e até que hora. Desprázate polos teus propios medios e non deixes que te recollan na túa casa. Queda nun lugar público e con moita xente.

Hot or Not non comproba os antecedentes penais dos sus membros

De non seguires estas normas, mandarémosche un aviso, a non ser que cometeras unha infracción pola que directamente bloqueamos un perfil. Se ignoras o aviso, pode que deamos de baixa a túa conta. As nosas normas están pensadas para facer de Hot or Not un sitio agradábel e seguro para todo o mundo, así que asegúrate de respectalas mentres usas o noso sitio web.