Consellos de seguridade

Coma con calquera outro servizo con acceso á túa localización, é importante que uses o sentido común ao interactuar con outras persoas en liña.

  • Nunca divulgues o teu contrasinal nin o compartas con terceiros, nin tan sequera cos teus amigos e amigas. Se o teu contrasinal se fai público, pode que a túa información persoal estea en risco. Se alguén accedeu ao teu perfil sen permiso, ponte en contacto co noso equipo a través da páxina de axuda.
  • Ten moito coidado ao darlle información persoal coma o teu nome completo, enderezo de correo electrónico, datos do messenger ou enderezos web a alguén que non coñeces de todo. Así mesmo, nunca compartas información financeira coma os datos das túas tarxetas bancarias con ninguén.
  • Ten moito coidado con persoas que afirman representaren a nosa empresa ou outras empresas e que che soliciten o pagamento ou entrega dun premio ou servizo que non se ofrece directamente no sitio web de Hot or Not. Así mesmo, ten coidado con persoas que din estar nunha situación complicada e que necesitan axuda financeira, xa que na maioría de casos trátase de estafas.
  • Non escollas un nome de usuario controvertido ou provocador, xa que poderías dar unha impresión equivocada e atraer certa atención indesexada. Por iso, aconsellámosche que uses simplemente o teu nome.
  • Se observas algún comportamento que che parece desapropiado, informa ao noso equipo facendo clic na ligazón de denuncia de acoso. Tamén podes bloquear a outros usuarios se fan que te sintas incómodo/a. Non toleres ningún tipo de abuso: bloquea ou denuncia ao usuario e o noso equipo de axuda analizará o problema o máis axiña posíbel. Así mesmo, contamos cun sistema de xestión para controlar e evaluar estes casos de xeito constante.

Máis consellos de seguridade aquí.

Internet Watch Foundation

Pertencemos á fundación Internet Watch Foundation e apoiamos totalmente o seu labor.

Consellos para encontros na vida real

  • Ao parolares con xente nova, pídelles que che envíen fotos recentes, idealmente sacadas un máximo de 4 semanas antes.
  • Non sintas presión por coñecer a alguén en persoa, queda con xente unicamente cando te sintas preparado/a.
  • Tenta sempre falar primeiro coa outra persoa por teléfono.
  • Cóntalle a algún amigo a onde tes pensado ir e pídelle que te chame por teléfono ou che mande unha mensaxe para ver que tal vai todo. Asegúrate de levares un teléfono móbil coa batería chea e con saldo, mantén informados aos teus amigos e avísaos cando chegues á casa.
  • Planea a túa viaxe e pensa en como chegar e volver do sitio no que quedastes. Non quedes na súa casa nin na túa e non lle deas o teu enderezo até que vos coñezades ben.
  • Sempre é boa idea levar preparada unha excusa para marchar se non te sintes moi cómodo/a durante o encontro. Así podes irte rápido e sen dar moitas explicacións.
  • A primeira vez queda nun sitio público e transitado durante o día e non bebas moito antes nin despois do encontro. Asegúrate tamén de non perderes de vista as túas bebidas nin as túas pertenzas en ningún momento.